Primeiro ministro de Cuba

Bandeira do Primeiro Ministro de Cuba.

O Presidente do Consello de Ministros de Cuba, antes chamado Primeiro ministro entre 1940 e 1976, é o xefe de goberno da República de Cuba.

Segundo a Constitución cubana de 1940, que creou dito cargo, correspondíalle a función de axudar ao Presidente da República. Era designado xunto co resto dos membros do Consello de Ministros polo presidente da República. O primeiro ministro e o Consello de ministros eran responsables das súas accións ante calquera das dúas cámaras do Congreso (cámara dos deputados e do Senado). Calquera cámara lle podía retirar a súa confianza.

Na Constitución cubana de 1976, o Consello de Ministros é o responsable da administración do Estado e constitúe o goberno. Está dirixido polo presidente da República, que á súa vez é o presidente do Consello de Ministros.

En abril de 2019, entrou en vigor unha nova Constitución de Cuba,[1] que recupera os cargos de Presidente da República e Primeiro ministro.[2] Está previsto que a elección do novo primeiro ministro se realice antes de que remate o ano 2019.[3]

  1. "Entra en vigor nueva Constitución de Cuba" (en castelán). 10 de abril de 2019. Consultado o 2 de agosto de 2019. 
  2. "Constitución de Cuba de 2019" (PDF). www.granma.cu (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2019. 
  3. "Cuba se prepara para volver a tener presidente y primer ministro" (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search